Críticas do PSOE dubrés ao estado dos locais deportivos

Municipal
C.G.
Diego Luis Díaz, portavoz municipal do grupo socialista de Val do Dubra. Foto: PVD

Val do Dubra. O PSOE valdubrés reclamou na última sesión plenaria unha reforma urxente para acondicionar tanto o exterior como o interior e os vestiarios das zonas deportivas municipais. “Consideramos que con pequenas tarefas de pintura e de reparación podería mellorarse a apariencia e sobre todo a funcionalidade de ditas instalacións”, apunta o voceiro socialista, Diego Luís Díaz. “O seu estado actual require que sexan atendidas de xeito inmediato para evitar que continúen empeorando”, engade o portavoz.

Como exemplo, o voceiro socialista indica a urxencia no chan dos vestiarios, “xa que incluso podería estar supoñendo nalgunhas estancias un problema de salubridade para as persoas usuarias”.

Ademais, os socialistas instaron á concellería de Deportes para que “dote a este Concello dos pertinentes protocolos para poder dar comezo á totalidade de actividades deportivas canto antes e poder así empregar as citadas instalacións”. C.G.