Cultura e letras toman as rúas de Padrón durante este mes de maio

Cultura
María Rendueles

Padrón. As rúas e os edificios públicos de Padrón encheranse neste mes de maio de cultura. Cun amplo programa de actividades para todas as idades, o Concello quere honrar aos autores e autoras que situaron a vila no centro da creación literaria galega e, ao tempo, animar á poboación a gozar dos libros.

A concelleira de cultura de Padrón, Lorena Couso, considera que Padrón Literario “converterá esta vila, un ano máis, no centro da actividade literaria de Galicia”.

Trátase dunha programación moi ampla que conta coa colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, da Fundación Rosalía de Castro, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.

Entre os actos centrais do mes atópase a ofrenda floral no cemiterio de Adina, en Iria Flavia, na honra de Camilo José Cela (11 de maio ás 11.00 horas). Tamén destacan as visitas teatralizadas. m. rendueles