Declarado un incendio forestal nun monte de Rois

Redacción

Este martes pola tarde declarouse un incendio forestan no monte de Cobas, no concello coruñés de Rois. A columna de fume espeso vese xa desde moi lonxe e as lapas non están moi lonxe dalgunhas casas, tal como se aprecia nos vídeos que acompañan esta nota. Ademáis dos medios terrestres, varios efectivos aéreos, alomenos un avión e un helicóptero, afánanse en impedir o avance das lapas.