Denuncian o mal estado do Monte da Curuxeira

Denuncia
Pedro Brea
Imaxe da situación actual do Monte da Curuxeira. Foto: G.

AMES. Os veciños residentes na rúa do Rego, no Milladoiro, denunciaron ante o concello o mal estado de conservación no que se atopan as parcelas do Monte da Curuxeira que lindan cunha das estradas que dá acceso á Garda Civil ou á gardería A Galiña Azul. Os veciños, fartos de denunciar a situación, temen que en calquera momento se poida producir un incendio nunha zona, na que a maleza xa tapa até os sinais de tráfico. A competencia directa é do dono, pero esta trasládase ó concello no momento co problema afecta ó espazo público. pb