Denuncian os populares cobros excesivos na factura da auga en Ames

Oposiciones
El Correo Gallego
Os populares poñen á disposición dos veciños un número para resolver dúbidas

AMES. “Nin control nin supervisión, ese é o resumo da actuación do goberno tripartito de Ames que, a pesar de ser o que conta con máis dedicacións exclusivas e co alcalde mellor pagado da contorna, incumpre as súas obrigas e prexudica á veciñanza”. Así de contundentes se amosan os populares de Ames ante as numerosas queixas da veciñanza polos “cobros excesivos” nos recibos da auga. E é que segundo din “no mellor dos casos, non verán compensados os seus recibos ata o terceiro trimestre”, apostillan. “Non é admisible que sexa a veciñanza a que teña que vixiar a correcta aplicación dun procedemento complexo e no que os cambios de tramo supoñen grandes subas na factura”, sinalan dende o partido. Poñen á disposición dos afectados a partir de mañá o número 981 377668 para resolver calquera dúbida ao respecto. A.P.