Denuncian que o goberno local segue sin aplicar as axudas do Reactiva Ames

Política
ARCA

AMES. O PP de Ames denuncia nun comunicado que o goberno local segue sin activar as liñas de axuda previstas no Plan de Reactivación e o acusan de “estar a cola” das administracións locais en apoio aos sectores especialmente afectados pola pandemia sanitaria “a pesar de contar con todas as facilidades e total lealdade dende a oposición”, subrayan. O PP explica que das diferentes liñas de axuda recollidas no plan Reactiva Ames soamente están abertas as da Deputación, que xestiona o Concello “estando todavía pendentes de resolución e pago”. Asimesmo dín qeu das axudas propias do Concello destinadas a optimización e a transición dixital o comercio “nada se sabe” a pesar da aprobación dun suplemento de crédito financiado con remanente de tesourería “tamén aprobado por unan imidade”, lembran desde o Partido Popular. arca