Desaloxan un edificio do Milladoiro polo incendio no seu cadro eléctrico

Incendio
O.D. Vilar
Entorno da rúa Pardiñeiros do Milladoiro onde se rexistrou o sinistro. Foto: MG

Un incendio no cadro eléctrico do ascensor nun inmoble situado na rúa Pardiñeiros do Milladoiro, Ames, obrigou aos servizos de emerxencia a desaloxar o edificio, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos Bombeiros de Boiro, ardeu o cadro eléctrico por completo. O 112 Galicia tivo coñecemento deste incendio ao fío das seis e media desta madrugada, a través dunha persoa particular. Entón, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santiago de Compostela. Unha vez extinguido o incendio, a veciñanza puido regresar ás súas vivendas.