cun concerto

Intercambios europeos
ARCA
Un momento do concerto no multiusos de Rois Foto/C.R.

Rois. Un concerto da Escola Municipal de Música de Rois, na que o alumnado e profesorado remataron cantando os himnos húngaro e galego, emocionou ao público presente no multiúsos e serviu para clausurar o intercambio internacional entre Pásztó e Rois, tras a visita de cinco días da delegación húngara. Escoitar ao coro interpretar o himno de Hungría provocou moitos aplausos e algunha que outra bágoa entre a comitiva visitante.

O alcalde de Pásztó, Attila Farkas, encabezou a delegación de 26 persoas que chegaron dende Hungría. Pola súa banda, o alcalde de Rois volveu destacar que coñecer as diferentes realidades entre Rois e Pásztó axuda a fomentar a tolerancia e a colaboración entre os pobos. arca