Detectan metais pesados de máis en Santa Comba

Medio Ambiente
O.D. Vilar
Unha das escorrentías que se detectaron en Santa Comba no entorno de Varilongo. Foto: EEA

Xallas. Despois de que no pasado mes de outubro diversas organizacións ecoloxistas da redeContraMINAcción presentaran denuncias polas evidencias de contaminación en Varillongo (Santa Comba) por metais pesados procedentes da mina subterránea de volframio e estaño, agora saen á luz os resultados das analíticas, con niveis de cadmio “que superan 325 veces o máximo legal permitido, os de cobre 145 veces e os de cinc case 100 veces máis”.

Así o confirmou Ecoloxistas en Acción a partir das probas realizadas polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, e que cren “confirman as denuncias cursadas en outubro do ano pasado e baseadas nas evidencias visuais de precipitacións de metais pesados na Braña Ancha, visibles mesmo desde as imaxes de satélite, evidencian a presenza de niveis alarmantes de metais pesados” despois de que se reativase a extracción de wólfram. O.D. Vilar