Detido por posible violencia machista na ITV de Cacheiras

Violencia machista
O.D. Vilar
Instalacións da ITV no Concello d eTeo, onde foi detectada a suposta agresión

Axentes da Policía Local de Teo detiveron a un varón por un presunto delito de lesións no ámbito da violencia de xénero en Cacheiras. A muller, pola súa banda, foi trasladada a unha casa de acollida.

Así, e alertados por unha testemuña dos feitos, unha patrulla achegouse pola tarde ás instalacións da ITV de Cacheiras, e observou no interior dun turismo estacionado a existencia dunha parella que nun principio estaban a discutir. Posteriormente, comprobouse que unha muller estaba chorando e manifesta que foi agredida pola súa parella, amosando lesións de diverso alcance. Iniciouse entón o protocolo VIOGEN, onde se derivan aos implicados a unha revisión médica, detención e imputación e posterior traslado do detido as instalacións da Garda Civil do Milladoiro onde prosegue o procedemento.