Doazón de vaixelas para as familias sen medios

Donación
M. Outeiro
O comercio impulsor da campaña de doazón, Máis que louza, sito en Bertamiráns. Foto: PG

A Maía. O establecemento amesán Máis que louza comezou unha campaña de recollida de doazóns de vaixela, que durará ata o 16 de abril. Neste senso, recibirá os aveños e proporcionará un 5 % de desconto no establecemento o propio día da citada doazón. A louza será despois entregada á concellería de Benestar Social para que a xestione e a reparta entre a veciñanza necesitada. Deste xeito, búscase a colaboración da poboación amesá para sumar ao inventario municipal louza esencial en bo estado, que se poida logo distribuír e repartir entre as persoas que a necesiten. Con este obxectivo, a tenda Máis que louza –situada na Praza da Maía, número 6, local 5 de Bertamiráns– colabora coa Oficina do Voluntariado recollendo louza e aportándoa a este departamento municipal, que xa xestiona outras campañas de recolección, como de alimentos ou de agasallos. Recollerán calquera tipo de aveño, dende tixolas ata pratos ou cubertos. M. Outeiro