Dodro informa sobre as fraudes a través da Rede

Servizos Sociais
O.D. Vilar
O edil Xoán Bautista Abuín e persoal nunha iniciativa da concellería de Benestar. Foto: CD

Dodro. O Concello de Dodro, a través da área de Servizos Sociais e Benestar, e segundo o edil Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG), ofrecerá a toda a poboación información, divulgación e posibles respostas que teñen que ver coa saúde, a seguridade e, en definitiva, co benestar en xeral que a xente necesita e demanda nestes tempos de pandemia. Por iso, a primeira intervención correu a cargo da presentación de Andaina Pro Saúde Mental afincada en Dodro e Ordes. Unha asociación con profesionais e a experiencia de 11 anos no traballo na saúde mental na comarca de Santiago que desenvolve programas de información, asesoramento, formación prelaboral e outras actividades de éxito, cun prograa para evitar o suicidio. E a través de Dodro Escoita abordarase a seguridade cidadá dos máis vulnerables cunha charla orientada a evitar as fraudes por Internet, este xoves día 27 ás 19.00 horas, no centro de día, ca Garda Civil e para calquer idade. O.D.V