Dodro lembra a obriga de manter limpas as fincas

Maleza
María Rendueles
Eucaliptos no monte galego

Dodro. O Concello de Dodro fixo público un bando no que lembra ós propietarios e propietarias de fincas e viviendas que deben manter as zonas limpas de maleza e retirar as árbores non permitidas, en cumprimento da normativa de prevención dos incendios forestais en Galicia.

No bando municipal lembran que deben estar limpos e desbrozados todos os terreos que estean nun perímetro de 50 metros arredor de edificacións, viviendas illadas, urbanizacións, depósitos de basura e instalacións industriais emprazadas a menos de 400 metros do monte.

Tamén din que deden retirarse as especies arbóreas prohibidas, como o piñeiro galego, o piñeiro do país, o piñeiro silvestre, a acacia negra e o eucalipto. maría rendueles