o Camiño de Santiago A Orixe

Camiño Xacobeo
ARCA
O concelleiro Xoan Xose Vicente Franco, a dereita

Dodro. A área de Deportes do Concello de Dodro organiza o Camiño de Santiago A Orixe. Será en seis etapas, desde o 26 de marzo ó 7 de maio, con saída do faro de Corrubedo e chegada a Padrón. O prezo son 36 euros que cubrirán o desprazamento en autocar ao lugar de inicio e fin de cada etapa, un avituallamento para cada día e seguro. “É un camiño se Santiago diferente a outros xa cubertos polo Concello xa que ao cruzar toda a península da Barbanza poderase desfrutar do mar durante moitos quilómetros así como de vilas tan singulares como Aguiño, Pobra do Caramiñal, Cabo de Cruz e Rianxo” explica o edil Xoán Vicente Franco. As inscricións, en Deportes. arca