Dodro quere mellorar a saúde da súa poboación

Vida saudable
ARCA
Un momento da presentación do programa

Dodro. O Concello presentou o programa deportivo Dodro Saudable, un ambicioso plan de actividade dirixido á poboación en xeral, dende “a infancia a vellez”, que inclúe todo tipo de propostas para mellorar a calidade de vida da cidadanía a través da actividade física.

O programa atenderá as características e necesidades de cada participante. O Concello xustifica a súa posta en marcha na necesidade de incrementar os hábitos saudábeis que empeoraron coa chegada da pandemia e o confinamento. “Os datos de organizacións como a Gasol Fundation, e entidades como a OMS ou a Xunta, amosan un preocupante abandono da condición física que se traduce nun empeoramento da saúde persoal”, sinalan. arca