Dodro recibe o apoio do Goberno para as súas políticas medioambientais

Medioambiente
ARCA
A subdelegada xunto ao alcalde no entorno das Brañas de Laíño. Foto: S. G.

dodro. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, trasladou este martes ao alcalde de Dodro, Xabier Castro, o respaldo do Goberno ás políticas de recuperación ambiental no municipio. Así o indicou no transcurso da visita á contorna das Brañas de Laíño, na que estivo acompañada polo xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, e supervisou os traballos de recuperación e renovación dos accesos. A actuación de Demarcación consiste na naturalización dun espazo que é un vial de tráfico rodado para reconvertelo nunha senda peonil e ciclista, que mellorará a protección ambiental e a conservación desta zona protexida. Utilízanse materiais granulares e realizaranse obras complementarias para asegurar a perdurabilidade da actuación de máis dun quilómetro de lonxitude. O orzamento supera os 70.000 euros. arca