Dúas conferencias e unha visita polas adegas nas xornadas do viño da Ulla

Xornadas
ARCA
O alcalde de Vedra, Carlos Martínez , no centro, na presentación das xornadas. Foto: C. V.

VEDRA. O Concello de Vedra vén de presentar as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño, incluídas na programación da XL Festa de Exaltación do Vino da Ulla. As xornadas, que se celebrarán na casa da cultura de San Miguel de Sarandón, abriranse o xoves 31, a partir das 20.00 horas, coa conferencia O solo como factor de calidade: fertilización racional e sostible do viñedo, a cargo de María José Graña, tecnóloga de Agacal. Xa o venres 1 de abril, tamén ás 20.00 horas, Emilia Díaz, de Agacal, falará sobre Innovación e viticultura: retos de futuro. Para o sábado 2 de abril está programada a visita ás adegas da subzona do Ulla para coñecer dous proxectos vitivinícolas. En concreto, vanse visitar a Adega Gómez e Rial, no concello de Teo, e a Adega Casa do Sol, ubicada no concello de Vedra. Despois serán a clausura e a entrega de diplomas. arca