Educación gratuíta para os segundos fillos/as nas escolas infantís amesáns de O Bosque e A Madalena

Esta medida foi aprobada no pleno municipal celebrado o pasado xoves 24 de setembro
Educación
El Correo Gallego
Escola infantil O Bosque, en Bertamiráns. Foto: Concello de Ames

Ames. O Concello de Ames vén de aprobar, de xeito inicial, en pleno o pasado xoves 24 de setembro, a modificación da ordenanza municipal número 5, que regula o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Bosque e A Madalena. Deste xeito, establécese unha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa para o curso 2020-2021 para os segundos fillos/as e sucesivos da unidade familiar. Esta medida adóptase ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

A Xunta de Galicia ampliou para o curso 2020-2021 a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos matriculados en escolas infantís de titularidade municipal. A Administración autonómica achegaralle fondos aos Concellos para poder sufragar esta medida que se adopta ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.