Educación sexual e máis obradoiros para mozos

Sexualidad
M. Manteiga
Os talleres de outubro inclúen anticonceptivos e xoguetes sexuais como o da foto. Foto: BF

Ames. A concellería de Mocidade amesá, dentro do seu programa [con]sentido, anima a toda a veciñanza de entre 18 e 30 anos a participar no seu primeiro certame fotográfico SexualizArte. E teñen de prazo ata o vindeiro día 30 para enviar “as mellores fotografías relacionadas coas diferentes realidades e vivencias en torno á sexualidade, facendo fincapé na diversidade de corpos, identidades, orientacións, desexos, expresións, afectos e eróticas”, precisa a organización.

Este concurso (previa anotación enviando a ficha ao correo electrónico concursosexualizarte@gmail.com) forma parte dun amplo programa que abrangue obradoiros de sexualidade, xornadas de educación sexual e un videoforum (inscricións en con.sentido@agasex.org). Así, o 18 de setembro haberá unha Xornada de Educación Sexual na casa da cultura do Milladoiro entre as 10.00 e as 14.00 horas, mentras que os días 9, 23 e 30 de outubro organizaron 5 obradoiros de mañá e tarde. m. manteiga