El Combo e Tapari actúan na Pereira

Verbenas
M.M.
Rodrigo Tapari, exvocalista de Ráfaga, actuará na festa da Pereira. Foto: R.T.

Santa comba. A localidade da Pereira, no Concello de Santa Comba, volve ao mapa festeiro de Galicia coas súas celebracións na honra de San Luis, que chegarán ao campo da festa desta localidade xalleira o vindeiro mércores día 24. E farao cun cartel que inclúe as tradicionais eucaristías ás 10.00 e 11.00 de mañá, oficiándose a solemne a partir das 13.00 horas. A esta misa seguirá unha sesión vermú protagonizada pola formación musical La Hora Bruja. E un dos momentos máis esperados da xornada festiva virá ca verbena, coa gala de El Combo Dominicano; á única actuación prevista en Galicia de Rodrigo Tapari (exvocalista de Ráfaga) e a discoteca móbil CDC. Estará prohibida a práctica do botellón. M.M.