Eliminada en Teo a enésima vertedura ao rego de Sestelo

Medio Ambiente
O.D. Vilar
Regato Sestelo ao seu paso polas inmediacions de Insúa, onde en teoría depuran as augas. Foto: MG

Teo. A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais ao rego de Sestelo, nun entorno do Concello de Teo onde xa alertaron en varias ocasións do problema.

O persoal do Plan de control de vertidos, de Augas de Galicia, trasladouse á zona e verificou as queixas veciñais sobre a incidencia. Os técnicos da Xunta realizaron inspeccións alí –en compañía dos do servizo local–, constatando a procedencia do punto de vertido no aliviadoiro correspondente ao sistema de depuración municipal de Ínsua. Ante os feitos observados, o persoal do Concello informou aos expertos da Xunta que estaba prevista a anulación do sistema para derivalo a Caxade. Logo verificouse por fin a emenda. o.d. vilar