Embelecen a Vía da Prata ó seu paso por Boqueixón

Vía de la Plata
ARCA
Trenor, en primeiro termo, xunto ao alcalde na Praza do Cruceiro. Foto: C. B.

boqueixón. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, visitaron este mércores as obras de embelecemento da Vía da Prata, consistentes na renovación da Praza do Cruceiro, no núcleo de Rubial, e que supuxeron un investimento de 27.300 euros, dos que a Xunta asumiu 15.000. A actuación consistiu na execución dun muro, de 33 metros de longo por 4 de alto, para poder nivelar a superficie da praza. Nela cambiáronse de lugar tanto a marquesiña do autobús como os contedores do lixo, que foron integrados nunha nova área cuns paneis de madeira acordes coa contorna. Finalmente, procedeuse a instalar unha mesa de pedra granítica cos seus respectivos bancos. Ao mesmo tempo, tamén se mellorou con esta actuación a marxe do camiño, nunha superficie de 150 metros cadrados, coa execución dunha pavimentación continua herba-formigón de dez centímetros de espesor. arca