Emoción da veciñanza de Rois no concerto coa agrupación de Letonia

Intercambios europeos
ARCA
Uno momento do concerto conxuntos dos grupos

rois. Con moita emoción viviu a veciñanza de Rois e do Sar o concerto que este xoves ofreceron no auditorio a Escola Municipal de Música e o CPPI Os Dices xunto cos centros de estudos musicais de Vilani e de Malta (Letonia) como parte do intercambio internacional. Os directores das agrupacións visitantes animáronse a interpretar o Himno galego que pechou a actuación, como resposta ao esforzo da comitiva local, que volveu cantar o Himno de Letonia. O grupo letón visitou a Catedral e o casco histórico de Santiago antes de volver as sùas casas. Na presentación do concerto, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, volveu incidir en que “a música é un idioma universal que serve para estreitar lazos entre os pobos” e recordou a importancia dos intercambios internacionais para axudar na formación da xuventude. arca