Empoderamentocun novo curso para recuperar a autoestima no 8M

Día da Muller
M.M.
Mónica Antelo, pola esquerda, con Natividade González, Blas García, Luísa Feijóo, Escarlata Pampín e Soraya Añón. Foto: CDA

A Maía. Ames presentou a súa programación do Día Internacional da Muller, o 8M, que se desenvolverá ao longo de todo o mes de marzo e no que colaboran os departamentos de Igualdade, Promoción da Saúde, Cultura, Bibliotecas e Mocidade cun itinerario transversal e con propostas para todos os públicos. Presentacións, coloquios, actividades ao aire libre e obras de teatro conformarán parte da oferta da efeméride. _E como novidade, prevén do 14 de marzo ao 25 de abril un curso de empoderamento no vello centro de saúde do Milladoiro para que mulleres vitimas da violencia ou vulnerabeis recuperen a autoestima.

Coma sempre, haberá o habitual acto institucional do 8 de marzo, pero a primeira proposta do programa vai ter lugar o xoves 3 de marzo. Ese día, o departamento de Bibliotecas organizará unha nova edición dos seus encontros literarios coa autora novel e veciña do Milladoiro Ana Veiga, que presentará a súa obra La sonrisa permite respirar al alma no Pazo da Peregrina (20.30 horas). Na seguinte xornada, as bibibliotecas difundirán a banda deseñada relacionada ca igualdade entre o alumnado, a través da iniciativa O misterio das pintadas invisibeis. M.M.