Ensinarán a dez mulleres a andar en bici no Milladoiro

Movilidad Sostenible
M. Manteiga
Imaxe de arquivo dunha reunión ciclista celebrada na localidade do Milladoiro. Foto: CDA

AMES. A III Semana Europea da Mobilidade incorpora como novidade a Escola de Bici organizada pola concellaría de Promoción da Saúde. Os días 16, 17 e 18 de setembro, no aparcamento de Agriños no Milladoiro, desenvolveranse dous talleres de iniciación pensados para que as mulleres maiores de 55 aprendan a andar en bici.

As participantes poderán escoller entre dous horarios: de 16.00 a 18.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. A actividade conta cun total de 10 prazas repartidas en dous grupos de 5 persoas. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal

A terceira Semana Europea da Mobilidade comeza o xoves 16 de setembro coa novidade desta edición: unha Escola de Bici. A concellaría de Promoción da Saúde, colabora coa de Mobilidade para desenvolver esta nova actividade durante tres xornadas. m. manteiga