Entrega de cheques para material escolar por case 10.000 € en Santa Comba

Material escolar
M. Outeiro
A concelleira de Asuntos Sociais, Esther Espasandín, pola esquerda, coa alcaldesa María Pose e o concelleiro de Educación, Manuel Iglesias, no multiusos no acto de entrega de cheques para material escolar dirixido ás familias de Santa Comba con fillos. Foto: CSC

Xallas. O Concello de Santa Comba afirma non ser alleo ás dificultades que moitas familias teñen que afrontar co inicio do curso escolar, polo que para que a situación sexa un pouco máis levadeira veñen de aportar 9.600 euros en cheques por valor de 80 e 40 euros para material escolar nun acto que acolleu o multiusos.

Así, foi na noite deste martes cando a propia alcaldesa, María Pose, acompañada do concelleiro de Educación, Manuel Iglesias, e a edil de Asuntos Sociais, Esther Espasandín, entregaba un total de cen bonos por valor de 80 euros cada un para os escolares de Infantil e outros 40 cheques por valor de 40 euros cada un para alumnos de Primaria e Secundaria polo que en total serán 140 as familias beneficiadas desta axuda municipal. Lembran que para Infantil ningunha das administracións aporta axudas. M. Outeiro