Entregan dous vehículos todocamiño a Protección Civil de Muxía e Ames

Protección Civil
Jose Manuel Ramos
Vehículos todocamiño para Protección Civil. Foto: Xunta

COSTA DA MORTE. A Xunta fixo entrega de dous vehículos UTV (Utility Task Vehicle) ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Muxía e Ames, cos que se pretende contribuír a mellorar os seus servizos en emerxencias, grazas á versatilidade para adaptarse aos desprazamentos en calquera terreo, o que permite chegar a zonas de difícil acceso. Son cuadriciclos de tracción 4x4 e, a diferenza dos quads, teñen volante e capacidade para transportar carga. Tamén recibiron vehículos similares Betanzos e As Pontes. J. M. r.