Entregan unha machada de hai 4.000 anos ao museo xalleiro

Arqueología
Xosé Manuel Lema
O matrimonio formado por José Manuel Nieto e María del Carmen Pastoriza coa machada xa no museo xalleiro. Foto: Lema

Santa Comba. Unha machada prehistórica que foi atopada na Chousa do Herbal da parroquia xalleira de San Salvador xa forma parte dos fondos do Museo da Terra do Xallas da capital municipal.

Foi doada por José Manuel Nieto e a súa dona, María del Carmen Pastoriza, que entregaron a peza ao alcalde, David Barbeira, ante a presenza do arqueólogo Lino Gorgoso e de Jorge Castelo, que tiveron un papel importante para que esta machada pulimentada, en óptimo estado, e cunha antigüidade estimada de entre 4.000 e 6.000 anos, poida ser vista por todos. Lembrar que recentemente divulgouse un estudo respecto a outra machada atopada en Vilalba, tamén datada hai uns 6.000 anos e procedente do Piamonte. xosé m. lema