Esixen desbroces, melloras e unha senda nas Mimosas

Comunidades de vecinos
M.M.
Señorís, segunda esquerda, co alcalde, terceiro, Fernández, cuarto, e dous veciños. Foto: BG

A Maía. O alcalde de Ames, Blas García, acompañado polos edís Susana Señorís e Víctor Fernández, reuniuse cunha representación da Asociación de Veciños e Veciñas da urbanización das Mimosas, que lles trasladaron diversos asuntos para mellorar a zona. Entre eles o de nomear as rúas existentes e colocar unhas placas indicativas, arranxar algunhas das beirarrúas, limpar varias das súas parcelas ou a creación dunha senda desde a rotonda ata as beirarrúas de Biduído de Abaixo. A limpeza de parcelas foi un tema recorrente na zona, sobre todo pola que rodea os depósitos de combustible emprazados nesta contorna, moi preto dalgunhas vivendas da urbanización. E por parte da administración municipal se lles informou de que se van a cambiar as luminarias existentes por led, así como que están á espera de que se aprobe na Deputación da Coruña o financiamento para a senda desde As Mimosas, na parroquia amesá de Biduído. m. manteiga