Estimulan a creatividade co certame Galetiktokers

Mocidade
C.G.
Os Tiktoks podense enviar polos móbiles. Foto: X. G.

AMES. A consellería de Mocidade de Ames pon en marcha un novo certame co que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers. Poderán participar toda a mocidade partir de 14 anos, e os Tiktoks serán valorados por un xurado composto por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual galego e nas redes sociais. Os interesados poden inscribirse no correo electrónico galetiktokers@gmail.com. C. G.