Estudio Técnico encargarase do deseño da nova améndoa peonil para Bertamiráns

Medirá unhas dezaseis hectáreas e primaranse as relacións veciñais e o comercio grazas ao Edusi
Urbanismo
M. Outeiro
Praza da Maía, uno dos espazos de Bertamiráns incluidos dentro da futura amédoa peonil. Foto: CDA

A Maía. O tripartito de Ames, a través da xunta de goberno local, axdudicou o servizo de redacción de proxecto, dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde para a creación dunha améndoa central no núcleo urbano de Bertamiráns, primando o tránsito peonil nas 16 hectáreas que conforman o espazo. En concreto, farao a empresa Estudio Técnico Gallego S.A. por un importe de 53.152,76 euros.

Facer do núcleo de Bertamiráns un espazo atractivo, configurar un espazo de uso maioritariamente peonil ou crear espazos que favorezan o paseo son algúns dos obxectivos da humanización que o Concello de Ames quere levar a cabo no núcleo de Bertamiráns coa creación dunha améndoa central, segundo apuntan dende o executivo. Trátase dun paso máis nunha das actuacións máis ambiciosas que están recollida na EDUSI Impulsa Ames.

Tamén pretenden crear alí un eixo que vertebre todo o núcleo urbano de Bertamiráns a través da peonalización de rúas e da creación dun espazo cidadá que favoreza o paseo, as actividades comerciais e de ocio sen o uso do vehículo particular. A delimitación da améndoa central da capital e as actuacións proxectadas para o espazo viario formarán parte dunha estratexia integrada e integral que pretenderá incidir, de forma coordinada, en aspectos sociais, económicos e demográficos que contribúan a unha cidade máis competitiva, máis intelixente e máis equilibrada territorial, social e ambientalmente, “permitindo así a todo o municipio avanzar cara a un futuro máis sostible”, sinalan dende o executivo local.

Do mesmo xeito, estase a traballar co Ministerio de Infraestruturas para intentar lograr o financiamento necesario para humanizar a avenida do Milladoiro, “xa que estamos a falar dunha cantidade que supera os 8 millóns”, explican. M. Outeiro