Evacuado en helicóptero despois de ser atropelado por maquinaria agrícola na Picota

Sucesos
M. Outeiro
Aterrizaje del helicóptero medicalizado con base en la capital de Galicia. Foto: Helico

Un traballador foi evacuado grave a bordo do helicóptero medicalizado do servizo de urxencias sanitarias despois de sufrir un accidente cunha máquina agrícola no lugar da Picota, Mazaricos. Ao parecer, foi atropelado polo vehículo e sufriu lesións de diversa consideración pouco despois do mediodía deste luns .

Foi ás 13.00 horas cando os xestores do 112 recibían a chamada dunha persoa particular que solicitaba asistencia médica para o operario ferido, que atopábase liberado e accesible. Deseguido, pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ata o lugar a aeronave medicalizada con base en Santiago. Para prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 avisouse tamén aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Muros, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.