Evacuado en helicóptero un traballador que caeu dende tres metros en Negreira

Accidente
O.D. Vilar
O helicóptero do 061 este venres pola mañá na zona onde aconteceu o accidente. Foto: Helico S.

Un traballador caeu dende unha altura duns tres metros nun taller da Arieira, na entrada a vila de Negreira, e foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago en helicóptero medicalizado este venres.

Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que comunicou ao 112 Galicia, ás 11.30 horas desta mañá, a caída dende unha altura considerable dun operario que se atopaba traballandonesa localidade, pertencente a parroquia de Logrosa. Tras valorar a gravidade das circunstancias, os servizos sanitarios confirmaron que enviarían o helicóptero medicalizado con base en Santiago. A aeronave chegou rapidamente ao lugar, trasladando ao ferido ao centro hospitalario. Tamén acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local de Negreira.