Evacuado polo maleteiro un ferido tras unha colisión de tráfico en Santa Comba

Accidentes de tráfico
O.D. Vilar
Avenida de Santiago na entrada á capital xalleira, Santa Comba. foto: GM

Os Bombeiros do parque Xallas Barcala acudiron no mediodía deste martes a atender un accidente de tráfico na Avenida de Santiago de Santa Comba cun lesionado. Recibiron o aviso ás 14.18 horas, alertando dun choque entre dous turismos, e onde Policía Local solicitaba axuda para evacuar a un dos ocupantes (o piloto que, sen estar atrapado, si estaba ferido).

Desprazada a dotación ó lugar, observaron a necesidade de inmobilizar e extraer ó condutor co taboleiro espinal polo maleteiro, retirando os asentos. Feito o mencionado, e co ferido atendido polo 061 (o 112 recolle igualmente que unha segunda persoa tamén foi evacuada ao hospital con contusións), realizaron a limpeza da zona. Ao lugar tamén acudiron a Garda Civil, 061 e Protección Civil.