Excursión co Voluntariado a Valença

excursión
O.D.V.
Unha vista de Valença do Miño, meta da excursión do Voluntariado do 1 de febreiro. Foto: V. Portugal

Ames. A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o vindeiro mércores 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de sesenta anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de vinte e cinco euros, e inclúe o desprazamento e tamén o xantar.

Para máis información pódese contactar coa Oficina de Voluntariado a través do enderezo de correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal. A fortificación, que está situada na marxe esquerda do río Miño, na raia portuguesa con Galicia, remóntase ao século XII, cando se creou para a defensa da poboación e para realizar a travesía dun tramo do curso fluvial.

Consta de cinco quilómetros de perímetro amurallado, e dende alí pódense ver ben as viñas lusas. O.D. Vilar