Fame de muiñeira na capital barcalesa

folclore
O.D. Vilar
Perspectiva do aforo na praza do concello durante unha das actuacións. Foto: CG

Negreira volveu a acoller outra edición, e xa van vintenove , do seu día da Muiñeira. Así, este domingo actuaron na praza do Concello Os Garuleiros, Veiga do Cotón, Ximiela, Silbarbeira e a Escola Municipal de Baile. Ademais, e tal como adiantara este xornal o pasado xoves, rendiuse tributo aos veciños José Vaamonde e Manuel Raúl Adver polo seu apoio ao folclore local.