Favorecen a presentación online para os concilia

Conciliación familiar
C.G.
Un dos puntos do pleno aprobados por unanimidade. Foto: C.A

AMES. O último pleno amesán deulle luz verde por unanimidade á aprobación inicial da modificación puntual do regulamento dos programas de conciliación (Bos días coles, Comedores escolares e Tardes divertidas), dos programas lúdicos, e da Escola de verán. Consiste na eliminación de toda referencia á presentación de orixinais, cotexo de documentos e copias cotexadas, salvo nos supostos excepcionais, favorecendo deste xeito a presentación electrónica das solicitudes polas persoas usuarias do servizo. Ademais, saiu adiante a modificación das ordenanzas de impostos sobre vehículos e de bens inmobles. Na primeira aprobouse unha modificación que afecta ao artigo 7.2 e artigo 9.1 que regulan, respectivamente, a exención do imposto para persoas con discapacidade e a bonificación dos vehículos en relación coa emisión de C02, e emitiuse un único voto en contra que foi o do concelleiro do grupo mixto, José Ramón Oulego. C.G.