Ferida unha nai e os seus dous fillos nun choque en Mazaricos

Accidente de tráfico
O.D. Vilar
Carretera DP-4502 a su paso por Chacín, Mazaricos, en cuyo entorno se produjo la colisión. Foto: GM

Unha nai e os seus dous fillos foron trasladados en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago debido ás diversas lesións sufridas polo impacto dunha colisión automobilística este sábado pola tarde en Mazaricos.

Foi pasadas as dúas da tarde cando o 112 Galicia recibiu información sobre un choque entre dous turismos na DP-4502, en Chacín, Mazaricos con varios feridos, entre os que habería menores. Deseguido, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Muros, así como dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos axentes da Garda Civil.

Tras ofrecer os primeiros coidados no mesmo lugar do sinistro, finalmente, foron trasladados ao hospital unha nai e dous menores con lesións de diversa consideración. Cómpre sinalar que a colisión ocasionou problemas na circulación, que estivo interrompida ata que os recursos de emerxencias e limpeza lograron recuperar as condicións de seguridade na vía