Ferido de consideración ao caer dun tellado en Negreira

Accidente
O.D. Vilar
Localidade de Meiro, parroquia de Aro do Concello de Negreira, onde foi o accidente. foto: GM

Un home resultou ferido de consideración a causa da caída dun tellado en Negreira este sábado. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 10.30 horas no lugar de Meiro. Foi a chamada dos profesionais sanitarios ao 112 Galicia, informando da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender ao ferido, a que permitiu a activación dun operativo no que tamén participaron os axentes da Policía Local.

Malia que a aeronave tomou terra no lugar dos feitos poucos minutos despois, finalmente, a persoa foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago en ambulancia. Igualmente, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES de Brión, por se fose necesaria a súa colaboración