Ferido despois de impactar o seu coche contra un muro en Ames

Accidentes de tráfico
C.G.
O turismo que impactou contra un muro este martes en Bertamiráns

O GES, Grupo de Emerxencias Supramunicipal, de Brión participou este martes no operativo de asistencia a un accidente por saída de vía cunha persoa ferida que tivo lugar na rúa Rosaleda, no centro urbano de Bertamiráns (Ames).

Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 18.25 e desprazáronse ata o lugar do sinistro, onde o turismo se saíu da estrada para rematar chocando contra un muro. A persoa ferida foi trasladada ao hospital polo 061. Na intervención tamén participaron integrantes da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Ames, Policía Local de Ames e 061.