Festa amesá polo acendido do Nadal o vindeiro sábado

Campaña de Navidad
M. Outeiro
Asistiron á presentación, dende a esquerda, López, Paz, García, Lens e González. Foto: CDA

Ames. O salón de plenos amesán acolleu a presentación da programación que se desenvolverá en Ames durante as festas do Nadal. As actividades darán comezo este sábado, 10 de decembro, cun acto de acendido das luces de Nadal que se celebrará na casa do concello, en Bertamiráns, ás 18.00 horas. Contará, ademais, cunha actuación do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), e os asistentes poderán desfrutar dun chocolate con churros. O programa, do que se vai informar nos vindeiros días, está organizado de maneira conxunta por diversos departamentos municipais, e busca sacar o Nadal ás rúas e dinamizar o comercio e a hostalaría local. Recuperaranse as prebadaladas e cabalgatas de Reis, e á posta de longo asistiron o alcalde de Ames, Blas García, xunto cos edís de Promoción Económica, Ana Belén Paz; Medio Ambiente, Manuel Lens; Cultura, Natividade González, e tamén o presidente de XEA, Jorge López. M. Outeiro