Festas por Santa Mariña na Ameixenda ata o 28

Festas patronais
M. Outeiro
Os catro compoñentes do grupo De Vacas, que actúa na Ameixenda o domingo. Foto: DV

Ames. A parroquia da Ameixenda celebra as súas festas de Santa Mariña dende este venres 26 de agosto e ata o domingo 28, con misas e procesións, verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello e da Xunta co programa Cultura no Camiño.

Durante a primeira xornada das festividades desenvolverase unha misa solemne na honra da Virxe das Dores e da Santa Mariña a partir das 13.00 horas. A continuación sesión vermú co Trío Alborada, que volve de noite xunto á orquestra Nueva Fuerza. Xa o sábado, misa cantada polo coral Santiago Aposto” na honra do Santísimo Sacramento ás 13.00 h., pasarrúas con Os Retranqueiros (dentro de Música nas parroquias) e vermú co grupo Fussión, que volve de noite ca orquestra Cinema.

E o domingo, hinchables, misa pola Virxe do Rosario, pasarrúas con Os Retranqueiros máis sesión vermú con Soprano, que volve na verbena. E haberá gala do grupo De Vacas (20 h.). M.O.