Festival Abride a fiestra, con Veto, Uxía e Berlai, hoxe na Casa Rosalía

Festival
S. E.
Berlai, a gran revelación da música galega, actúa na Casa Rosalía

PADRÓN. A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a terceira edición do festival Abride a fiestra, que terá lugar hoxe, 17 de xullo, na Casa da Matanza, e que acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Entre os protagonistas da fin de semana temos a Verto, a grande revelación musical da música galega, Berlai e Uxía en formato trío co proxecto Rosalía pequeniña para os máis pequenos. Celébrase nunha xornada de portas abertas na que a Fundación segue a conmemorar os 50 anos da Casa de Rosalía e no que o artista Kiko da Silva estará debuxando a Rosalía na Horta da Casa da Matanza, xunto a outros moitos artistas agrupados na asociación Galeoska. E tamén haberá teatro da man de Fran Rei e Isabel Risco como Dúo Vaguedades, interpretando a Rosalía e a Pondal, entre outras actividades. s. e.