Fogar para seis familias teenses con Provivienda

Viviendas
M.M.
Persoal de Provivienda atendendo unha demanda habitacional. Foto: Provivenda

Teo. Benestar de Teo puxo en marcha o ano pasado o Programa Fogares, desenvolvido a través dun convenio coa entidade Provivienda. Rematado o 2022, acadouse o obxectivo inicial “que consistía en facilitar a incorporación ou mantemento da vivenda a seis núcleos familiares que presentaban risco de exclusión residencial”, aseguran os seus responsabeis. Desde a iniciativa, que vai dirixida á integración en vivendas alugadas de persoas que poidan ter algunha dificultade para atopar resposta no mercado libre en réxime de arrendamento, desenvólvese un labor de apoio vital. Os propietarios pódense sumar no email lirolo@provivienda.org ou tf 678 867 327. M.M.