Formación para quince profesionais do sector audiovisual no programa QLab5

Programación
ECG
O curso de programación audiovisual e iluminación no traballo escénico QLab5. Foto: CDA

Ames. A casa da cultura do Milladoiro foi marco do curso de programación audiovisual e iluminación no traballo escénico QLab5, que se desenvolveu esta semana impartido por Mariano García.

A actividade estivo organizada pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, coa colaboración do Concello de Ames, coa meta en especializar aos asistentes no manexo do software de reprodución multimedia QLab, unha útil aplicación para mellorar o traballo das produtoras escénicas profesionais galegas. Nela participaron quince profesionais do citado sector.

O programa QLab é unha ferramenta creada para a programación audiovisual e para a iluminación no traballo escénico. Co curso, Escena Galega buscaba orientar aos participantes en aspectos do software, como coñecer a interface de usuario, aprender as rutinas máis importantes para lanzar audio e vídeo ou crear pezas dinámicas. ECG