Gaban a construción dun gran centro de saúde en Teo con área bucodental

Centros de salud
C.G.
Un dos centros de saúde existentes en Teo, neste caso no entorno de Pontevea. foto: GM

O voceiro dos Populares de Teo, José Manuel Guerra, acolle con grande satisfacción que a Xunta de Galicia aprobara no seu último Consello o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, que inclúe a construción dun centro de saúde en Teo, que contará con case 2.500 metros cadrados de superficie e 16 consultas, engadindo servizos como o de área bucodental.

Segundo o popular, o futuro ambulatorio “rematará coa masificación que soportan desde hai tempo os catro pequenos centros sanitarios que existen no concello”. “Evitará a actual dispersión asistencial, ampliará a carteira de servizos e fará máis doada a planificación de persoal, tanto en dotación, como en substitucións”, di Guerra.