Gaña o certame de escaparates de Nadal a Peluquería Blanco y Negro

Decoración escaparates
M. Outeiro
Escaparate de Peluquería Blanco y Negro, que gañou o certame amesán de decoración de Nadal. Foto: CDA

ames. O xurado da décimo sexta edición do Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames ditaminou que o mellor escaparate de Nadal do concello foi o de Peluquería Blanco y Negro, do Milladoiro. En segunda posición quedou Kiérete Peluquería, tamén do Milladoiro. A terceira posición foi para PC Bertamiráns Informática, mentres que a cuarta posición foi para Carnicería Sigüeiro, do Milladoiro. O primeiro premio é de 1.400 euros; o segundo, de 1.000 euros; o terceiro, de 600 euros, e o cuarto, de 400 euros. Deste xeito, repartiranse un total de 3.400 euros, novecentos máis con respecto á edición anterior. M. Outeiro