Ignacio Regidor gaña o premio Camilo José Cela

Premio
ARCA
Os membros do xurado co alcalde de Padrón. Foto: C. P.

PADRÓN. O zaragozano José Ignacio Domingo Regidor coa obra No son los lobos é gañador da trixésimo segunda edición do Premio Literario Camilo José Cela, convocado polo Concello de Padrón. Presentáronse a concurso 141 relatos procedentes de toda España. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, presidiu o xurado do premio que está dotado con 1.500 euros. O xurado valorou “a creación dunha voz narrativa propia, o emprego axeitado do dialectalismo e coloquialismos para debuxar a soidade interna e externa”. arca