Inauguran no Milladoiro a mostra do XX aniversario de ‘O Bosque animado’

Cinema
M. Outeiro
Alumnado dos centros de Secundaria amesáns na mostra de O bosque animado. Foto: CA

a Maía. O concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, o deputado da Deputación da Coruña, José Luis Penas, e mailo director da película, Manolo Gómez, inauguraron a mostra XX anos de O bosque animado na casa da cultura do Milladoiro, unha exposición interactiva que abrirá ata o día 6 de xuño, sempre con entrada e contidos de balde.

Dita mostra forma parte da programación coa que se conmemora o vinte aniversario da estrea do primeiro filme de animación 3D producido en Europa, realizado integramente na Coruña e gañador de dous premios Goya –mellor película de animación e mellor canción orixinal– e de vinte galardóns internacionais. Conta co apoio da Deputación, e inclúe paneis informativos sobre a produción filme, entre eles maquetas, esculturas, ilustracións e os dous Goya que acadou. M. Outeiro