Incendio forestal con tres focos en Castiñeiro do Lobo

O lume comezou sobre as 7.30 horas, e quedou extinguido preto das 9.00 h // Zona de maleza preto das vivendas, que non sufriron danos
incendio forestal
ECG Redacción

A aldea amiense de Castiñeiro de Lobo espertou esta mañá cun incendio forestal de poucas dimensións pero con tres focos activos. Ata a zona desprazouse un equipo dos GES de Brión, que conseguiu extinguilo pouco antes das 09.00 horas. O lume orixinouse preto das vivendas, mais non chegou a afectar ás mesmas nin aos veciños.

Malia que hai que esperar á investigación, o persoal de extinción recoñece que resulta estraño que se produza de forma accidental un incendio con tres focos a esa hora. Ademais, apuntan a un mal estado do monte, con moita maleza.